Curso de Historia de Galicia. Nov – Dec 2019

45

Da prehistoria á Galicia actual: un percurso por dous mil anos de historia galega

Do 7 de Novembro ao 7 de Decembro de 2019

Nota: Formación exenta de IVE. Art. 20 Un 10º da Lei 37/1992 de 28 de Decembro do Imposto sobre o Valor Engadido

Limpar
REF: CursoAntr19001 Categoria: Etiquetas: , , , , , ,

Descrição

Programa Curso Historia de Galicia. Nov-Dec 2019 [.PDF]

DESTINATARIOS/AS:
Todas aquelas persoas -estudantes ou non- que queiran iniciarse no eido da historia de Galicia, estudantes do grao de historia ou de outras disciplinas, así como a todas persoas interesadas en recibir formación histórica, especificamente, nos campos da historia antiga, medieval, moderna e contemporánea.

DURACIÓN DO CURSO:
14 horas

DURACIÓN DAS CLASES:
3 horas 1 día á semana

MODALIDADE DE INSCRIPCIÓN:
Presencial (Cidade da Cultura, prazas limitadas) / Online (Streaming)

DATAS:
Do 7 de Novembro ao 7 de Decembro de 2019

HORARIO:
Xoves de 17:30 a 20:30h
Visita guiada á exposición “Galicia, un relato no mundo” (Museo Centro Gaias) o Sábado 7 de Decembro ás 16h

LUGAR:
Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CEM. Cubíbulo

PREZO:
45€

INSCRIPCIÓN ONLINE:
https://www.trebum.com

PROGRAMACIÓN DE CONTIDOS:

Sesión 1: Gallaecia: do mundo prerromano á sociedade provincial romana.
Prof. Doutor Fco. Javier González García (Xoves 7 de Novembro)

O mundo prerromano:
• O problema de presenza celta.
• Unha sociedade pacífica?
• O paso do Ferro I ao Ferro II: modelos sociais.
A creación da sociedade provincial romana:
• Os datos: a conquista e a integración no Imperio Romano.
• Que é romanizar?
• As imaxes de Roma na historiografía galega.
• A romanización como proceso de interacción cultural.
• A interacción cultural e a creación do mundo galaico-romano: exemplos.

Sesión 2: Os Castro: a Galicia do século XIV vista a través dunha liñaxe nobiliar.  
Prof. Doutor Anselmo López Carreira (Xoves 14 de Novembro)

• Mito e biografía como recursos historiográficos: Xoana e Inés de Castro.
• O escenario: Galicia no contexto da crise bélica do século XIV.
• A liñaxe dos Castro, cabeza da nobreza galega.
• Lexitimismo en Castela e proxección cara a Portugal e Inglaterra.
• Fernando Ruíz de Castro e Pedro I.
• Expedición de Fernando I de Portugal a Galicia (1369).
• Xoán de Andeiro e a revolución portuguesa de 1383.
• Expedición do duque de Láncaster a Galicia (1386).
• Situación de Galicia no remate da século XIV.

Sesión 3: Historia Moderna de Galicia: perspectivas recentes.
Prof. Doutor Isidro Dubert García (Xoves 21 de Novembro)

• Introducción: perspectivas recentes da historia moderna de Galicia.
• A cultura popular: bases, claves, resistencias.
• O mundo do mar: a pesca e o comercio marítimo.
• Unha mirada á sexualidade: exposición e ilexitimidade.
• A vellez: mitos e realidade.

Sesión 4: Historia Contemporánea de Galicia.
Prof. Doutor Lourenzo Fernández Prieto (Xoves 5 de Decembro)

• Que lle contaríamos a un forasteiro sobre a Historia da Galicia?
• Como e quenes fixeron a Galicia moderna?

Sesión 5: Visita guiada á exposición “Galicia, un Relato no mundo” (Sábado 7 de Decembro ás 16h no Museo Centro Gaias, Cidade da Cultura de Galicia)

IMPARTEN:

Prof. Doutor Fco. Javier González García

Francisco Javier González García (A Coruña, 1964). Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor Titular de Historia Antiga no Departamento de Historia da USC e Investigador do Grupo Síncrisis. Investigacións en formas culturais da mesma universidade. A súa formación como investigador tamén se desenvolveu no “Centre Louis Gernet” de París, durante a súa etapa predoctoral, e no Laboratoire “Archéologie et Sciences de l’ Antiquité” da Maison de l’Archéologie et l’Éthnologie René Ginouvès da Université de Nanterre-París X (Francia) como investigador postdoutoral. A súa investigación, caracterizada por levar a cabo unha aproximación antropolóxica ao estudo das sociedades antigas e protohistóricas, plásmase en varias decenas de traballos, entre libros, capítulos de libros e artigos, publicados tanto en España como no estranxeiro.

Prof. Doutor Anselmo López Carreira

Nacido en Vigo en 1951. Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1976. Doutorado en Historia na mesma Universidade en 1994. Catedrático de Historia de Ensino Secundario e Profesor-Titor de Historia Medieval na UNED, no Centro Asociado de Ourense. Investigación na historia medieval de Galicia, centrada nos seguintes aspectos: movementos sociais baixomedievais, mundo urbano, edición de fontes documentais, Reino de Galicia. Con grande cantidade de artigos publicados en diferentes revistas (Grial, Boletín Auriense, Brigantium, Murguía…) e ponencias en libros colectivos.

Prof. Doutor Isidro Dubert García

Catedrático de historia moderna na Universidade de Santiago de Compostela desde 2010. Coordinador do Grupo de Investigación de Historia Moderna. Fundador da revista especializada Obradoiro de Historia Moderna, da que actualmente é director. Membro do consello de redacción da revista Annales de Démographie Historique e de diferentes revistas de investigación histórica de carácter nacional e internacional. Profesor invitado na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París no curso 2014-2015. Tamén foi membro da xunta directiva da Asociación de Demografía Histórica Española, (2008-2011), e vogal da Fundación Española de Historia Moderna (2011-2014).

Prof. Doutor Lourenzo Fernández Prieto

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961). Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor invitado nas universidades de Princeton, Cuny e Cork. A súas liñas de investigación céntranse na historia agraria e social do mundo rural contemporáneo e no golpe de 1936, a guerra e a ditadura. Coordina o grupo de investigación HISTAGRA da USC (histagra.usc.es) e coordinou, entre outros, o proxecto de investigación Nomes e Voces (www.nomesevoces.net) sobre a recuperación da memoria dos asasinados e perseguidas polo golpe de estado de 1936. Entre os seus últimos libros destacamos: Agriculture in the Age of Fascism, Brepols (con J. Pan y M. Cabo), 2014. Otras miradas sobre el golpe, guerra y dictadura, La Catarata (con A. Artiaga), 2014. Historia de la guerra contada por dos hermanas. Memorias de las hermanas García del Real. (con Gustavo Hervella),  Ed. Comares. Granada, 2018. Golpistas e Verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo (con A. Míguez), Galaxia, 2018.