Curso de Antropoloxía Social e Cultural Galega. Out – Dec 2019

125

Mitoloxía, relixiosidade popular, etnomedicina e festas rituais do ciclo do ano

Do 1 de Outubro ao 21 de Decembro de 2019

Nota: Formación exenta de IVE. Art. 20 Un 10º da Lei 37/1992 de 28 de Decembro do Imposto sobre o Valor Engadido

Limpar
REF: CursoAntr19001 Categoria: Etiquetas: , , , , ,

Descrição

Programa Curso Antropoloxia Galega. Out-Dec 2019 [.PDF]

DESTINATARIOS/AS:
Todas aquelas persoas -estudantes ou non- que queiran iniciarse no eido do patrimonio inmaterial galego, estudantes do grao de antropoloxía ou doutras disciplinas, así como a todas persoas interesadas en recibir formación antropolóxica e, específicamente, nos campos da mitoloxía, etnomedicina, crenzas e relixiosidade popular da cultura tradicional galega.

DURACIÓN DO CURSO:
41 horas

DURACIÓN DAS CLASES:
3 horas 1 día á semana

MODALIDADE DE INSCRIPCIÓN:
Presencial (Cidade da Cultura, prazas limitadas) / Online (Streaming)

DATAS:
Do 1 de outubro ao 21 de decembro de 2019

HORARIO:
Martes de 17:30 a 20:30h
Roteiro de Mitoloxía Galega o Sábado 21 de decembro de 9.30h a 14:30h

LUGAR:
Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CEM. Cubíbulo

PREZO:
125€ – 3€/Hora

PROGRAMACIÓN DE CONTIDOS:

Sesión 1: Introdución ao Patrimonio Inmaterial (Martes 1 de outubro)
• A convención de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO e a lexislación galega
• Definición e tipos de patrimonio inmaterial
• Relación entre patrimonio inmaterial, patrimonio material e patrimonio natural.
• Patrimonio inmaterial, cultura e identidade

Sesión 2: A importancia dos mitos (Martes 8 de outubro)
• Definición e función de mito
• Mitemas e mitopraxe
• Mitos de creación
• Mito, lenda e romance
• As lendas urbanas e a nova mitoloxía

Sesión 3: Achegamento á mitoloxía galega (Martes 15 de outubro)
• Lendas de tradición oral
• Seres míticos del folclore galego
• O mito da mourindade
• Construción cultural da paisaxe e as xeografías míticas
• A mitoloxía galega e os xacementos arqueolóxicos

Sesión 4: Mitos de creación (Martes 22 de outubro)
• Mitos fundacionais de Galicia
• O mito de Breogán
• O mito xacobeo
• As fisterras atlánticas e o santos en barcas de pedra

Sesión 5: O Mito da Moura (Martes 29 de outubro)
• Que é unha moura?
• Atributos da Moura
• Escenografía do mito
• Xeografías da Moura
• O mitema da Vella
• A deusa civilizadora
• Significados e orixe do mito da Moura

Sesión 6: Festas e ritos de comensalidade (Martes 5 de novembro)
• O papel social da romaría
• Significado e función das festas do ciclo do ano
• Os banquetes comunais e a importancia do comer
• Ritos de comensalidade

Sesión 7: Ciclo festivo ritual I: As festas da invernía (Martes 12 de novembro)
• A festa de Defuntos
• Tempo de magostos
• O ciclo de Nadal
• Festas ígneas do inverno

Sesión 8: O Entroido (Martes 19 de novembro)
• Orixe e contexto
• Significado
• Oficiantes
• Ritos
• Funcións

Sesión 9: Ciclo festivo ritual II: Festas de Primavera e Verán (Martes 26 de novembro)
• A Semana Santa
• Os Maios
• Corpus Christi
• Solsticio de verán e festa de San Xoán
• Festas agrarias do verán

Sesión 10: Santuarios e xeografías sagradas (Martes 3 de decembro)
• Santuarios precristiáns e lugares hierofánicos
• Os santuarios cristiáns
• Significado da peregrinación
• Relixiosidade popular: virxes, cristos, santos e santas
• A natureza como templo: augas, bosques, pedras, covas e montañas

Sesión 11: Etnomedicina galega (Martes 10 de decembro)
• Meigas, curandeiros, compoñedores, menciñeiros e demais familia
• Dinámica dos ritos curativos: tipoloxía, elementos e funcións
• O poder do ritual e a eficacia simbólica
• Introdución á etnobotánica galega
• O lugares de sanación
• O santoral policlínico

Sesión 12: A protección e os ritos favorecedores (Martes 17 de decembro)
• Temores e necesidades
• Bruxas e mal de ollo
• A protección da casa, a facenda e as persoas
• A protección nos camiños
• A protección no mar
• Amuletos e obxectos de poder

Sesión 13: Roteiro de Mitoloxía Galega: Na procura da Raíña Lupa (Sábado 21 de Decembro de 9:30 a 14:30h (Xantar opcional en Boqueixón: 15€))

INFORMACIÓN DO ROTEIRO  ( Ver Mapa: https://t.ly/VPrXy )
[1] 9:30 Punto de encontro no espolón de Padrón (estátua de Rosalia de Castro)
[2] Visita á Igrexa de Santiago (Padrón)
[3] Fonte do Carme (Padrón)
[4] Santiaguiño do Monte (Padrón)
[5] Castro Lupario (Faramello)
[6] Fonte de Lupa (San Pedro de Vilanova de Vedra)
[7] Centro de interpretación do Pico Sacro (Boqueixón)
[8] Pico Sacro (Boqueixón)
[9] 14:30 Finalización no Pico Sacro (Boqueixón)
[10] Xantar en Boqueixón (Opcional)
• Duración aproximada: 5 horas
• Dificultade: baixa
• Necesidade de coches particulares para os desprazamentos
entre os diferentes puntos da ruta.

PERCURSO DO ROTEIRO:

Propomos un roteiro cultural en torno ao mito da raíña Lupa e da traslatio do apóstolo Santiago. Un percorrido pola lenda, polos ritos e por algunha das xeografías míticas, sagrads e arqueolóxicas máis fascinantes de cantas envolven a historia da Raíña Lupa. O noso percorrido comezará en Padrón, onde chegou a barca de pedra co corpo do apóstolo. Visitaremos a Igrexa de Santiago. Templo no que se atopa, baixo o altar maior, o pedrón ao que os discípulos de Santigo ataron a barca cos restos do apóstolo á súa chegada a Galicia. Trátase, en realidade, duna ara romana dedicada ao deus do mar Neptuno.
Finalizada a visita á igrexa de Santiago pararemos na Fonte do Carme para contemplar a representación da traslatio do apóstolo en barca dende Terra Santa a Galicia. Na parte superior pódese ver a Santiago bautizando á Raíña Lupa. A continuación subiremos a Santiaguiño do Monte. Conta a tradición que este foi o primeiro lugar onde Santiago predicou en terras galegas. Hoxe en día, sobre o conxunto de penedos que existen no lugar eríxese un cruceiro coa imaxe do apóstolo. Fronte a el temos unha pequena capela, a coñecida como casa do ermitán e unha fonte que nace baixo o templo. Posiblemente esteamos ante a cristianización dun antigo lugar de culto polo que falaremos dos ritos que alí se celebran.
Collemos os coches e desprazámonos ao veciño concello de Teo onde subiremos ao castro Lupario, asentamento castrexo onde a tradición sitúa a residencia de Lupa. Tras coñecer a mitoloxía e historia do castro, así como a súa relación co mito xacobeo, proseguiremos a nosa viaxe cara ao concello de Vedra.
Na Fonte de Lupa en San Pedro de Vilanova de Vedra, existe un epígrafe que narra os feitos da lenda da raíña Lupa. Tras a capela do Santiaguiño e ao pé do camiño de Santiago (Vía da Prata), érguese unha fonte construída en 1670. A ambos os lados mostra dúas figuras procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo, desmontado en 1603-1604. A inscrición da fonte da capela do Santiaguiño recolle a lenda da raíña Lupa e o traslado do corpo do Apóstolo no carro cos bois que amansaron milagrosamente no Pico Sacro.
Dende aquí proseguiremos a nosa viaxe ata Boqueixón onde visitaremos o centro de interpretación do Pico Sacro. Tras a visita encarreiramos os nosos pasos cara ao mítico Pico Sacro, o Monte Illicino da lenda xacobea. É nesta montaña onde se produce o milagre do amansamento dos bois e onde os discípulos do apóstolo teñen que enfrontar e vencer coa axuda da cruz a un temible dragón que habita nas covas desta montaña de Boqueixón. No Pico Sacro coñeceremos diferentes lendas desta montaña, os ritos da súa capela así como lugares tan significativos como a Rúa da raíña Lupa ou os Buratos do Mouros.
Finalizada a vista á montaña remataremos a xornada cun xantar comunitario nalgúns dos establecementos da contorna.


PROFESOR:

Rafael Quintía Pereira

Rafael Quintía Pereira: Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural; Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais; Master Universitario en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, na especialidade de Ciencias Sociais: Xeografía e Historia. Escritor, documentalista e músico tradicional. Traballa como antropólogo profesional na empres AB ORIGINE. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresindente da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO).

Investigador, profesor e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galicia. As súas liñas de investigación céntranse no patrimonio inmaterial, fundamentalmente, no estudo da etnomedicina galega, no campo da mitoloxía popular e no mundo das crenzas máxico-relixiosas e da relixiosidade galaica ao longo da historia. Os resultados do seu traballo víronse reflectidos na publicación dunha ducia de monografías, na realización de sete documentais etnográficos e históricos e en múltiples artigos.

Durante estes anos o seu traballo de investigación foi galardoado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). Ademais é Premio Lingua de Ouro 2017 da Asociación Queremos Galego Marín.