Curso de Antropoloxía Social e Cultural Galega. Módulo II

65,00

Etnomedicina e relixiosidade popular

Nota: Formación exenta de IVE. Art. 20 Un 10º da Lei 37/1992 de 28 de Decembro do Imposto sobre o Valor Engadido

Descrição

Descarga o Programa Curso Antropoloxia Galega. Mod.II. Xan-Feb 2019

DESTINATARIOS/AS:
Todas aquelas persoas -estudantes ou non- que queiran iniciarse no eido do patrimonio inmaterial galego, estudantes do grao de antropoloxía ou doutras disciplinas, así como a todas persoas interesadas en recibir formación antropolóxica e, específicamente, nos campos da mitoloxía, etnomedicina, crenzas e relixiosidade popular da cultura tradicional galega.

DURACIÓN DO CURSO:
18 horas

DURACIÓN DAS CLASES:
3 horas 1 día á semana

DATAS:
Do 15 de xaneiro de 2019 ao 19 de febreiro de 2019

HORARIO:
Martes de 17:30 a 20:30h

LUGAR:
Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CEM. Cubíbulo

PREZO:
65€ – 3,61€/Hora

PROGRAMACIÓN DE CONTIDOS
MÓDULO II: ETNOMEDICINA E RELIXIOSIDADE POPULAR

Sesión 1: Santuarios e xeografías sagradas (Martes 15 de xaneiro)
• Santuarios precristiáns e lugares hierofánicos
• Os santuarios cristiáns
• Significado da peregrinación
• Relixiosidade popular: virxes, cristos, santos e santas
• A natureza como templo: augas, bosques, pedras, covas e montañas

Sesión 2: Etnomedicina galega (Martes 22 de xaneiro)
• Meigas, curandeiros, compoñedores, menciñeiros e demais familia
• Dinámica dos ritos curativos: tipoloxía, elementos e funcións
• O poder do ritual e a eficacia simbólica
• Introdución á etnobotánica galega
• O lugares de sanación
• O santoral policlínico

Sesión 3: A protección e os ritos favorecedores (Martes 29 de xaneiro)
• Temores e necesidades
• Bruxas e mal de ollo
• A protección da casa, a facenda e as persoas
• A protección nos camiños
• A protección no mar
• Amuletos e obxectos de poder

Sesión 4: Os ritos favorecedores (Martes 5 de febreiro)
• Os ritos propiciatorios
• Ritos de fertilidade
• Ritos de fecundidade
• Ritos de xestión da meteoroloxía
• Ritos para causar mal

Sesión 5: Crenzas sobre a vida e a morte (Martes 12 de febreiro)
• As idades da vida
• Nacemento e infancia
• A morte en Galicia: crenzas e mitoloxía

Sesión 6: Olladas ao redor do Patrimonio Inmaterial galego (Martes 19 de febreiro)
• Repaso de temas tratados
• Aclaración de dúbidas
• Reflexión e debate final

PROFESOR:
Rafael Quintía Pereira

Rafael Quintía Pereira: Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural; Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais; Master Universitario en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, na especialidade de Ciencias Sociais: Xeografía e Historia. Escritor, documentalista e músico tradicional. Traballa como antropólogo profesional na empres AB ORIGINE. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresindente da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO).

Investigador, profesor e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galicia. As súas liñas de investigación céntranse no patrimonio inmaterial, fundamentalmente, no estudo da etnomedicina galega, no campo da mitoloxía popular e no mundo das crenzas máxico-relixiosas e da relixiosidade galaica ao longo da historia. Os resultados do seu traballo víronse reflectidos na publicación dunha ducia de monografías, na realización de sete documentais etnográficos e históricos e en múltiples artigos.

Durante estes anos o seu traballo de investigación foi galardoado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). Ademais é Premio Lingua de Ouro 2017 da Asociación Queremos Galego Marín.