Curso de Antropoloxía Social e Cultural Galega. Módulo I

95,00

Mitoloxía e festas  rituais do ciclo do ano

Nota: Formación exenta de IVE. Art. 20 Un 10º da Lei 37/1992 de 28 de Decembro do Imposto sobre o Valor Engadido

Esgotado

Descrição

Descarga o programa Curso Antropoloxia Galega. Mod.I. Out-Dec 2018

DESTINATARIOS/AS:
Todas aquelas persoas -estudantes ou non- que queiran iniciarse no eido do patrimonio inmaterial galego, estudantes do grao de antropoloxía ou doutras disciplinas, así como a todas persoas interesadas en recibir formación antropolóxica e, específicamente, nos campos da mitoloxía, etnomedicina, crenzas e relixiosidade popular da cultura tradicional galega.

DURACIÓN DO CURSO:
27 horas

DURACIÓN DAS CLASES:
3 horas 1 día á semana

DATAS:
Do 16 de outubro de 2018 ao 11 de decembro de 2018

HORARIO:
Martes de 17:30 a 20:30h

LUGAR:
Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CEM. Cubíbulo

PREZO:
95€ – 3,51€/Hora

PROGRAMACIÓN DE CONTIDOS
MÓDULO I: MITOLOXÍA E FESTAS RITUAIS DO CICLO DO ANO

Sesión 1: Introdución ao Patrimonio Inmaterial (Martes 16 de outubro)
• A convención de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO e a lexislación galega
• Definición e tipos de patrimonio inmaterial
• Relación entre patrimonio inmaterial, patrimonio material e patrimonio natural.
• Patrimonio inmaterial, cultura e identidade

Sesión 2: A importancia dos mitos (Martes 23 de outubro)
• Definición e función de mito
• Mitemas e mitopraxe
• Mitos de creación
• Mito, lenda e romance
• As lendas urbanas e a nova mitoloxía

Sesión 3: Achegamento á mitoloxía galega (Martes 30 de outubro)
• Lendas de tradición oral
• Seres míticos del folclore galego
• O mito da mourindade
• Construción cultural da paisaxe e as xeografías míticas
• A mitoloxía galega e os xacementos arqueolóxicos

Sesión 4: Mitos de creación (Martes 6 de novembro)
• Mitos fundacionais de Galicia
• O mito de Breogán
• O mito xacobeo
• As fisterras atlánticas e o santos en barcas de pedra

Sesión 5: O Mito da Moura (Martes 13 de novembro)
• Que é unha moura?
• Atributos da Moura
• Escenografía do mito
• Xeografías da Moura
• O mitema da Vella
• A deusa civilizadora
• Significados e orixe do mito da Moura

Sesión 6: Festas e ritos de comensalidade (Martes 20 de novembro)
• O papel social da romaría
• Significado e función das festas do ciclo do ano
• Os banquetes comunais e a importancia do comer
• Ritos de comensalidade

Sesión 7: Ciclo festivo ritual I: As festas da invernía (Martes 27 de novembro)
• A festa de Defuntos
• Tempo de magostos
• O ciclo de Nadal
• Festas ígneas do inverno

Sesión 8: O Entroido (Martes 4 de decembro)
• Orixe e contexto
• Significado
• Oficiantes
• Ritos
• Funcións

Sesión 9: Ciclo festivo ritual II: Festas de Primavera e Verán (Martes 11 de decembro)
• A Semana Santa
• Os Maios
• Corpus Christi
• Solsticio de verán e festa de San Xoán
• Festas agrarias do verán

PROFESOR:
Rafael Quintía Pereira

Rafael Quintía Pereira: Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural; Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais; Master Universitario en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, na especialidade de Ciencias Sociais: Xeografía e Historia. Escritor, documentalista e músico tradicional. Traballa como antropólogo profesional na empres AB ORIGINE. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresindente da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO).

Investigador, profesor e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galicia. As súas liñas de investigación céntranse no patrimonio inmaterial, fundamentalmente, no estudo da etnomedicina galega, no campo da mitoloxía popular e no mundo das crenzas máxico-relixiosas e da relixiosidade galaica ao longo da historia. Os resultados do seu traballo víronse reflectidos na publicación dunha ducia de monografías, na realización de sete documentais etnográficos e históricos e en múltiples artigos.

Durante estes anos o seu traballo de investigación foi galardoado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). Ademais é Premio Lingua de Ouro 2017 da Asociación Queremos Galego Marín.